O Sumidoiros é un certame para persoas en formación teatral ou compañías emerxentes no que pretendemos pór en valor as propostas teatrais en risco de rematar nos sumidoiros.

Gañadoras outras edicións

Condicións do certame:

Presentación:

  1. Dos traballos presentados, a dirección da Sala Ingrávida fará unha selección que se representarán os días 15 e 16 de Maio de 2020 no propio espazo.
  2. Das propostas que se representen, o público votará a gañadora do Sumidoiros
  3. A gañadora do Sumidoiros terá unha residencia na Sala Ingrávida coa incorporación do resultado da residencia na vindeira tempada.
  1. Ter máis de 18 anos.
  2. Enviar a ficha de presentación cuberta antes da data límite.
  3. Duración mínima 20 minutos, máxima 50 minutos.
  4. Ter dispoñibilidade para representar os días 15 e 16 de Maio de 2020.
  5. Adxuntar unha ou dúas fotos con boa calidade
  6.  Vídeo do traballo.